"Preséntoche o mundo. Preséntoche a aqueles que te precederon e o mundo do que vés, pero tamén outros universos para que teñas liberdade, para que non esteas demasiado sometida aos teus ancestros". Michèle Petit

mércores, 6 de xaneiro de 2016

FIN DE ANO 2015

As nenas e nenos de Ed. Infantil, adiantámonos un pouco ao Fin de Ano e xa o celebramos o 18 de decembro.
Primeiro preparamos a merenda, uns renos/madalena que estaban boísimos.


Tamén tomamos as uvas coas badaladas do reloxo da Porta do Sol, e pasamos polo "photocall".


E despois a festa...o baile...e os xogos... 


Que o amor, a paz e a felicidade, formen parte da nosa vida neste ano que está empezando. FELIZ ANO NOVO!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario