"Preséntoche o mundo. Preséntoche a aqueles que te precederon e o mundo do que vés, pero tamén outros universos para que teñas liberdade, para que non esteas demasiado sometida aos teus ancestros". Michèle Petit

luns, 16 de marzo de 2020

CORONAVIRUS

O coronavirus está en todas as conversas, e o persoal e autoridades sanitarias recomendan extremar as medidas hixiénicas, tamén e especialmente, nos pequenos e pequenas da casa. E para evitar medos innecesarios, animan ás familias a explicarlles os motivos polos que hai que ser máis coidadosos/as na relación co entorno e cos demais.
Manuela Molina, psicóloga infantil e fundadora de Mindheart elaborou un conto sinxelo e fácil de entender para nenos e nenas.




O Ministerio de Sanidade tamén emitiu unha campaña de información infantil sobre o coronavirus na que recomenda:
  1. Coñecer que saben os nenos e nenas da enfermidade.
  2. Resoler as súas dúbidas.
  3. Explicarlles os síntomas.
  4. Ensinarlles as medidas hixiénicas.
  5. Alertarlles de que se teñen malestar, avisen.

 Ademais, téñense elaborado infografías que se poden empregar para recordar como se debe facer un correcto lavado de mans.


Outra cousiña que podemos facer cos nenos e nenas, é esta sinxela experiencia que seguro que lle axuda a tomar máis conciencia da importancia de lavar máis as mans.

O rap da tos e o cóbado
A Asociación de Pediatras de Atención Primaria de Andalucía en colaboración co alumnado de 4º curso de E.Primaria (2015/2016) do CEIP La Paz de Torremolinos, elaborou un rap para evitar o contaxio de catarros e outras enfarmidades que se transmiten pola saliva. Non é unha iniciativa feita con motivo do coronavirus, pero pódese perfectamente aplicar.

venres, 31 de maio de 2019

HABÍA UNHA VEZ...

A lectura de contos a nenas e nenos é moi importante xa que desenvolve habilidades da linguaxe, a capacidade de escoitar e prestar atención. 
Ademais, fomenta a creatividade e permítelles expresar emocións e sentimentos ao identificarse cos personaxes, e é un excelente recurso para inculcar o amor pola lectura dende os primeiros anos.
Por todo isto, e por moito máis, na nosa clase estamos inmersas/os no mundo dos contos a través de diferentes actividades, e por suposto da súa lectura.
Nos seguintes vídeos poderedes ver e escoitar ás pequenas e pequenos artistas representando tres dos seus contos preferidos.







Pero non só lemos contos... tamén recitamos poemas.

 

...e touporroutou, o conto rematou.

xoves, 28 de marzo de 2019

FRIDA KAHLO

No primeiro trimestre coñecemos a Jackson Pollock, Kandinsky e Mondrian. Despois coñecemos a Picasso e agora, despois de ter celebrado o Día de Rosalía e o 8 de Marzo, tocaba unha pintora. E que mellor que FRIDA KAHLO.

Pintamos a súa casa -- A CASA AZUL de Frida Kahlo. Inspirándonos nela fixemos os nosos autorretratos, e como non, contaxiamonos das súas ganas de vivir -- VIVA A VIDA!! 


E xa que Frida era Mexicana, aproveitamos para cantar, bailar e xogar cunha cancionciña que seguro que coñeces...




martes, 19 de febreiro de 2019

PICASSO E A PAZ

O 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Como todos os anos, no cole fixemos a Carreira Solidaria a favor de Save the Children.



Pero ademais, na nosa clase aproveitamos para coñecer a Pablo Picasso.


E o seu cadro, O GUERNICA. Co que Picasso quere protestar contra os bombardeos aéreos á vila de Guernica en 1937, e que se considera un dos cadros máis importantes do século XX. Nós quixemos facer a nosa propia interpretación.


Ademais, cando Picasso diseñou o cartel do Congreso Mundial pola Paz de 1949 representou unha pomba, e dende entón, popularizouse a pomba como símbolo da paz. Por iso  tamén pintamos pombas, como símbolo do desexo de paz no mundo.



Pero seguimos disfrutando coa obra de Picasso...


Copiamos os seus retratos e os seus debuxos...






martes, 25 de decembro de 2018

SOMOS ARTISTAS

Esta é unha experiencia de aproximación á pintura dende a contemplación, o diálogo e a propia creación das nenas e nenos.
A finalidade é achegarse ao mundo das artes, artistas e as súas obras. Educar no gusto estético e iniciarse no goce das obras de arte, partindo da lectura de imaxes, da creación dunha opinión persoal e da expresión das propias ideas.

Comezamos coñecendo a JACKSON POLLOCK. O seu maior logro é pintar co goteo. Deixamos que a pintura caia sobre o lenzo de forma libre, autónoma, a pintura gotea sobre o cadro (expresionismo abstracto). 


Tamén coñecemos aKANDINSKY    Cando miraba un cadro, non era o máis importante os obxectos que aparecían, senón as cores e a forza que estas adquirían na obra. Así, na súa pintura, vaise producindo unha evolución dende o realismo á abstracción, sendo unha acuarela do artista, pintada no ano 1912, a primeira obra abstracta da historia da arte.


E descubrimos a   PIET MONDRIAN   Imitando a este artista na súa faceta máis coñecida, a abstracción xeométrica pura. Obras baseadas en formas xeométricas e cores primarias. A curva desaparece da súa obra e o vermello, azul e amarelo son as cores que observamos. E así reproducimos as obras de Mondrian...

Estes son algúns vídeos que se atopan pola rede e que empregamos para coñecer a estos tres artistas, as súas obras e inspirarnos. Así podemos volver a velos e recordalos.
         

 

   

sábado, 15 de decembro de 2018

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O xoves pasado estivo Carmen na nosa clase falándonos da alimentación saudable. Esta actividade forma parte do programa CORES da Escola Galega de Consumo e da Deputación. Visitaron o noso centro por unha proposta do Concello. Moitas grazas ás/aos responsables.

 Carmen falounos dos distintos tipos de alimentos e da PIRÁMIDE ALIMENTARIA, que nos ensina cousas como que debemos beber moita auga e moi, moi poucos doces. E que non só é importante unha adecuada alimentación, tamén a actividade física é moi importante.
Pincha no seguinte enlace e poderás ver un vídeo moi chulo que nos fala disto mesmo... https://www.youtube.com/watch?v=4MEfZRGHefw
E recordade... debemos probar de todo. Xa sabedes que lle pasou ao coelliño do conto SOPA VERDE.



venres, 23 de novembro de 2018

CONTRA AS VIOLENCIAS

Un ano máis recordamos que o 25 de novembro é un día destacado e especial que se conmemora con manifestos, teatros, exposicións, etc. que dunha forma ou outra apoian a todas aquelas mulleres que en calquera lugar do mundo están a sufrir a violencia.


      Pois nós tamén nos manifestamos en

      contra da violencia...

O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres foi declarado no primeiro encontro feminista para América Latina e o Caribe celebrado en Bogotá (Colombia) en 1981. No encontro, as mulleres denunciaron sistemáticamente a violencia de xénero, desde agresións domésticas a violacións e tortura sexual ou violencia de estado. A proposta feita neste encontro, foi recoñecida oficialmente en 1999 polas Nacións Unidas.


Ademais da violencia de xénero exercida pola parella, existen outras modalidades de violencia contra a muller, como pode ser trátaa de mulleres e nenas con fins de explotación sexual, a mutilación xenital feminina ou os matrimonios forzados. Podedes obter máis información no seguinte enlace:






Na clase falamos sobre este tema. Lemos o conto de Adela Turín, "Artur e Clementina" e fixemos os nosos carteis das cousas que nos gustan e as que non queremos.